Somos

Un proxecto cooperativo

A Casa das Redes está formada por profesionais con experiencia no ámbito social, educativo e comunitario. Traballamos desde unha perspectiva colaborativa centrada nas persoas e no territorio.

Muqi

Conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento comunitario, na xestión cultural e na participación social.

Dende 2016 coordina diferentes proxectos sociais e culturais no Val Miñor, así como encontros, festivais, feiras e laboratorios cidadáns tanto a nivel local como internacional.

Especialízase en facilitación de grupos, comunicación colaborativa, participación social e dinamización comunitaria.

Dámaris

Técnica especializada no ámbito social e da igualdade.

Conta con formación en socioloxía, integración social, sexoloxía e igualdade de xénero, así como experiencia en orientación laboral, formación e intervención educativa.

Está especializada en igualdade, diversidade, orientación laboral e acompañamento social.