A Casa das Redes é unha sociedade cooperativa galega dedicada á creación de espazos comunitarios, formativos e culturais que fortalecen as redes entre persoas, colectivos e territorios.
Somos unha Escola de Tempo Libre acreditada pola Xunta de Galicia.
Formamos a profesionais do ocio educativo e da dinamización sociocultural a través de cursos oficiais como:
Curso de Monitor/a de Tempo Libre
Curso de Director/a de Tempo Libre
Formación para monitorado de comedor escolar




A Casa das Redes está formada por profesionais do ámbito social, educativo e comunitario comprometidas coa transformación social e coa creación de espazos participativos.
Traballamos desde unha perspectiva feminista, inclusiva e comunitaria, poñendo no centro o coidado das persoas e das relacións.
A Casa das Redes San Roque, 6 Baiona
ola@acasadasredes.gal
651 190 679
680 333 725
Se es un concello, entidade ou colectivo e queres desenvolver un proxecto formativo, cultural ou comunitario, estaremos encantadas de colaborar.
Tamén podes informarte sobre os nosos cursos e formacións.