Proxectos

Transformando comunidades a través da participación

En A Casa das Redes impulsamos proxectos sociais, culturais e educativos orientados á transformación social, ao fortalecemento das comunidades e á creación de redes colaborativas.

Puntos Lila e espazos seguros

Creamos e coordinamos Puntos Lila en eventos e festivais para a prevención das violencias machistas e a promoción de espazos seguros.

Nestes espazos ofrecemos información, sensibilización, acompañamento e recursos para a prevención das violencias, así como asesoramento a organizacións e entidades.

Participamos en diferentes eventos e celebracións populares contribuíndo á creación de contornas máis seguras e respectuosas.

Igualdade e diversidade

 

Desenvolvemos proxectos educativos e sociais centrados na igualdade de xénero, a diversidade afectivo-sexual e a inclusión social.

Traballamos con centros educativos, administracións públicas, asociacións e colectivos sociais a través de obradoiros, formacións e campañas de sensibilización.

Cultura e comunidade

 

Organizamos eventos culturais e actividades comunitarias que fortalecen o tecido social e fomentan a participación cidadá.

Entre estas iniciativas destacan encontros culturais, feiras, festivais e proxectos artísticos que conectan cultura, territorio e comunidade.

Innovación social

 

Participamos na creación de laboratorios cidadáns e procesos de innovación social que buscan novas formas de participación e colaboración entre persoas, colectivos e institucións.