Aula de formación

Formación para transformar a sociedade

A Aula de Formación de A Casa das Redes é un espazo de aprendizaxe participativa orientado ao desenvolvemento persoal, profesional e comunitario.

Traballamos desde a educación non formal e a innovación pedagóxica, creando procesos formativos que fomentan o pensamento crítico, a cooperación e o intercambio de experiencias.

Metodoloxía

 

A nosa metodoloxía é participativa, vivencial e centrada nas persoas.

Partimos das experiencias reais das participantes, combinando teoría e práctica mediante dinámicas grupais, obradoiros prácticos, estudos de caso e ferramentas dixitais.

Traballamos desde unha perspectiva feminista e interseccional, promovendo espazos seguros, inclusivos e de coidado mutuo.

Cursos e formacións